Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35540

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico (03/14 CONV.).

Nas dependencias municipais do Concello de Arteixo asinouse con data do 30.7.2014 con María de los Ángeles López López, Francisco Manuel López López e Concepción López López, o texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento para a adquisición da parcela afectada por sistema viario con referencia catastral nº 0350101NH4905S0001RJ, sita na intersección da Travesía de Arteixo, nº 183 coa rúa Penouqueira (Parroquia de Santiago de Arteixo), coa finalidade de mellorar a circulación de vehículos e peóns na zona.

De acordo co establecido polo artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia en nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o dito período, o texto do convenio subscrito estará á disposición do público en xeral de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas no Departamento de Urbanismo, e os sábados no Departamento de Información e Rexistro en horario de 9.30 a 13.30 horas.

Arteixo, 30 de xullo de 2014

(Por Delegación Decreto nº 989/2011, do 21.6.2011)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo