Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de postos de libre designación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, nº 148, do 6 de agosto de 2014, e nº 152, do 12 de agosto de 2014 (corrección de erros), publicáronse as bases aprobadas por Resolución da tenente de alcalde delegada de Persoal, relativas ás seguintes convocatorias de postos de libre designación:

1 posto de xefe do Servizo de Persoal.

1 posto de xefe do Servizo de Interior.

1 posto de xefe do Servizo de Orzamentos e Estudos Económicos.

1 posto de xefe do Servizo de Mobilidade Urbana.

1 posto de xefe do Servizo de Acción Social.

1 posto de xefe do Servizo de Xestión Tributaria.

1 posto de xefe do Servizo de Emprego e Empresa.

1 posto de xefe do Departamento de Control Financeiro.

1 posto de oficial de Prevención Municipal.

1 posto de policía de Prevención Municipal.

1 posto de asistente de Alcaldía.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 6 de agosto de 2014

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública