Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 31 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo cal se notifica á persoa interesada un requirimento de documentación preceptiva en relación ao expediente 15/12/00603 da medida 114 de utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentarse sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento da documentación preceptiva en relación ao expediente número 15/12/00603 da medida 114 de utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias.

A interesada dispón dun prazo de 10 días a partir desta publicación para presentar a documentación requirida. A falta de presentación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda, a exixencia do reintegro (no caso de que exista un pagamento parcial á conta) e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: 15/12/00603.

Interesada: Prasanpenelas, S.C.

Último enderezo coñecido: Pereira, nº 16, San Paio, 15317 Aranga, A Coruña.

Asunto: requirimento para achegar a documentación preceptiva segundo a Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro).

Documentación requirida: documento que acredite o pagamento, selado pola entidade bancaria e no cal se indique o número de factura a que corresponde.