Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 35031

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de información pública sobre a delimitación de solo do núcleo de Castrolázaro (Vedro).

De conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e as súas modificacións, e previamente á aprobación provisional, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se publique o anuncio no Diario Oficial da Galicia e en dous xornais da provincia, co obxecto de que quen se considere prexudicado ou afectado poida examinalo nas oficinas municipais e formular por escrito as reclamacións ou observacións que considere procedentes.

Portomarín, 7 de agosto de 2014

Juan Carlos Serrano López
Alcalde