Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 35030

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación do escudo municipal.

Aprobado o escudo municipal, en sesión ordinaria do Pleno deste concello do 25 de xuño de 2014, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 16 do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia (a proposta do novo escudo pódese consultar nas oficinas municipais).

O Pino, 7 de xullo de 2014

Manuel Taboada Vigo
Alcalde