Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 35032

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO de licitación do expediente de contratación número 2014000372.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: servizo de transmisión de vídeo, audio, ordes e datos coas delegacións mediante unha rede privada virtual.

3. Orzamento base de licitación: 30.000 euros sen IVE.

4. Prazo de execución: seis (6) meses.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía definitiva: 5 por cento do importe de adxudicación.

8. Obtención dos pregos de condicións e información: no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es.

9. Lugar de presentación das ofertas: Compañía de Radio-Televisión de Galicia, Subdirección de Contratación, Patrimonio e Servizos Comúns, Bando, San Marcos, s/n, 15820 Santiago de Compostela.

10. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Apertura de ofertas: realizarase na sede da CRTVG en Bando, San Marcos, s/n, Santiago de Compostela, na data e hora que se publicarán no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2014

Juan Manuel Sanmartín Pérez
Director de Xestión Económico-Orzamentaria e Contabilidade da Compañía
de Radio-Televisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A.