O Pleno da Corporación, na sesión do día 9 de xuño de 2014, aprobou inicialmente o expediente de alteración do termo municipal consistente na agregación-segregación entre os termos municipais de Ourense e Barbadás, de conformidade co establecido na Lei 5/1997, de Administración local de Galicia; polo que se somete a exposición pública polo prazo de 30 días, para efectos de alegación polos veciños.
A documentación poderá ser examinada nas oficinas municipais do concello de Barbadás no departamento de urbanismo.
Barbadás, 7 de xullo de 2014
José Manuel Freire Couto
Alcalde