Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 35023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de todo o material necesario para a realización das técnicas analíticas de identificación e antibiograma e sistemas para identificación bacteriana e funxicida por espectrometría de masas no Laboratorio de Microbioloxía, incluíndo a cesión dos equipamentos necesarios e o mantemento destes no Laboratorio de Microbioloxía, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (expediente MS-EIP1-14-014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: MS-EIP1-14-014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de todo o material necesario (reactivos, controles, funxibles, etc.) para a realización das técnicas analíticas de identificación e antibiograma e sistema para identificación bacteriana e funxicida por espectrometría de masas no Laboratorio de Microbioloxía, incluíndo a cesión dos equipamentos necesarios e de mantemento destes no Laboratorio de Microbioloxía da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Provincial.

1) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2.

2) Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV(referencia de nomenclatura): 33696400-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 729.696,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 304.040,00 €. Importe total: 334.444,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 8 de setembro de 2014.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4) Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C dando lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e a hora da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario ou adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23 de xullo de 2014.

12. Outras informacións:

Pontevedra, 23 de xullo de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5.7.2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés