Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 34934

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2390/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 262/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Casais García contra Esabe Vigilancia, S.A., ditouse a seguinte resolución:

Decido.

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Martín Goris García fronte á mercantil Esabe Vigilancia, S.A. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a que aboe ao demandante a cantidade de 5.056,44 euros en concepto de salarios de se-tembro e tres días de outubro de 2012, horas extraordinarias, complemento de radioscopia, complemento de nocturnidade, fin de semana, festivos e perigosidade do mes de agosto de 2012, gratificación de beneficios de 2011, gratificación de xullo, plus de transporte e vestiario e complemento de perigosidade de xaneiro ao 3 de outubro de 2012, diferenzas salariais por actualización de táboas desde xaneiro ao 3 de outubro de 2012, cantidade que deberá ser incrementada cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselle esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2014

A secretaria xudicial