Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 34932

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3765/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3765/2012 de seguido por instancia de Juan Luis Pacio Guimarey contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Parquets Couto, S.L. e Mutua Galega de Accidentes de Traballo sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Juan Luis Pacio Guimarey, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, nos presentes autos tramitados pola súa instancia fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Galega e Parquets Couto, S.L., debemos confirmar e confirmamos a devandita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao de notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estivese exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que surtan os seus efectos legais e sirva de notificación á Parquets Couto, S.L. con último domicilio coñecido na rúa do Progreso, nº 61, Ourense, advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de xullo de 2014

A secretaria xudicial