Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 34930

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura de dous postos de persoal directivo (director/a da Área de Servizos e director/a da Área de Centros).

Por Resolución do 4 de xullo de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 137, do 21 de xullo) anunciouse a convocatoria para a cobertura dos postos de director/a da Área de Servizos e de director/a da Área de Centros.

O punto 7 das bases reguladoras destas convocatorias establece que o Tribunal de Selección se nomeará por resolución do director da Axencia Galega de Innovación. En virtude do anterior, esta dirección

DISPÓN:

Primeiro. Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura de dous postos de persoal directivo –director/a da Área de Servizos e director/a da Área de Centros da Axencia Galega de Innovación (GAIN)– coa composición que se relaciona no anexo.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2014

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Tribunal

– Presidencia:

Titular: Fernando Pérez González, catedrático da Universidade de Vigo no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións.

Suplente: Miguel Ángel Ríos Fernández, presidente da Real Academia Galega das Ciencias.

– Secretaría:

Titular: Pilar Morgade Saavedra, directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación.

Suplente: Benito R. Fernández Rodríguez, director da Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación.

– Vogais:

Titular: José Alfonso Marnotes González, vicesecretario xeral da Consellería de Economía e Industria.

Suplente: Zeltia Lado Lago, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.