De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparencia.
O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcurrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 1 de agosto de 2014
Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo
ANEXO
Expedientes: 27R001/892/2014 e 27L004/60/2014.
Interesada: Solucións Import 3000, S.L.
NIF: B65685083.
Acto notificado: segunda citación.