Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 35017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 4 de agosto de 2014 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente IN421E/11R12936.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), despois do intento de notificación persoal previsto nesta mesma norma, mediante este anuncio emprazase a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia.

Acto administrativo derivado do procedemento de axudas para proxectos de enerxías renovables: biogás/gasificación (IN421E).

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Enerxético de Galicia situada na rúa Avelino Pousa Antelo, núm. 5 (San Lázaro), Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

Anexo

Código de solicitude

Interesada

Acto administrativo que se notifica

IN421E/11R12936

Husosolar, S.L.

Resolución de arquivamento por desistencia da solicitude