Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34715

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de servizos de limpeza do novo colexio de Sigüeiro.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

4) Teléfono: 981 69 14 78.

5) Telefax: 981 69 17 86.

6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2014/038.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizos de limpeza do novo colexio de Sigüeiro.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

1) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

2) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo de execución/entrega: estenderase desde as seguintes datas:

– Inicio: o momento da apertura e posta en servizo do novo colexio de Sigüeiro, cuxa data prevista é o 10.9.2014, sempre que na dita data este contrato estea debidamente formalizado; en caso contrario será o da data de formalización.

– Final: o 10.9.2016.

e) Admisión de prórroga: si, prorrogable desde o 11.9.2016 ata o 10.9.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación, no seu caso: véxase o artigo 12 do prego.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 120.655,21 euros. IVE (21 %): 25.337,59 €. Importe total: 145.992,80 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 196.064,72 euros.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso.Véxase o artigo 4 do prego.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

2. Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3. Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 5 de agosto de 2014

Eduardo Veiras Rey
Alcalde en funcións