Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34711

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de actividades de animación sociocultural, lúdica e deportiva para maiores e nenos.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza do Concello, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

4) Teléfono: 981 69 14 78.

5) Telefax: 981 69 17 86.

6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous (2) días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2014/035.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: de servizos.

b) Descrición: actividades de animación sociocultural, lúdica e deportiva para maiores e nenos do concello de Oroso.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

1) Domicilio: Praza do Concello, 1.

2) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo de execución:

– Lote 1: actividades para maiores: do 1.10.2014 ao 31.5.2016, ambos os dous incluídos.

– Lote 2: animación de baile para maiores: do 1.1.2015 ao 31.12.2016, ambos os dous incluídos.

– Lote 3: animación á lectura para nenos: do 1.10.2014 ao 31.5.2016, ambos os dous incluídos.

e) Admisión de prórroga: prorrogable por unha vez polos seguintes períodos de tempo:

– Lote 1: actividades para maiores: do 1.10.2016 ao 31.5.2017, ambos os dous incluídos.

– Lote 2: animación de baile para maiores: do 1.1.2016 ao 31.12.2017, ambos os dous incluídos.

– Lote 3: animación á lectura para nenos: do 1.10.2016 ao 31.5.2017, ambos os dous incluídos.

f) CPV (referencia de nomenclatura) 92600000-7, 85311100-3, 92342100-1, 92340000-6, 92331210-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: desagrégase nun prezo unitario para un número máximo de horas ou actuacións previsto no prego de prescricións técnicas:

– Lote 1: actividades para maiores: 40 euros/hora/curso, IVE excluído.

– Lote 2: animación de baile para maiores: 500 euros/actuación, IVE excluído.

– Lote 3: animación á lectura para nenos: 40 euros/hora/curso, IVE excluído.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 92.532,16 euros.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría).

Non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxase o artigo 4 do prego.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

2) Domicilio: Praza do Concello, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: Praza do Concello, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 1 de agosto de 2014

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde