Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34668

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (243/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 243/2012 por instancia de María Elida Quintela Rodríguez contra a empresa Textil Locer, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e o Ministerio Fiscal, sobre impugnación de sanción, nos cales se ditou sentenza o 14.7.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda interposta por María Elida Quintela Rodríguez fronte á empresa Textil Locer, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e o Ministerio Fiscal e, en consecuencia:

– Declárase a vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva na súa vertente de garantía de indemnidade.

– Declárase a nulidade da sanción impugnada cos efectos inherentes á declaración.

– Condénase a empresa Textil Locer, S.L. a aboar á demandante a cantidade de trescentos vinte e un euros con sesenta e catro céntimos de euro (321,64 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da materia, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Textil Locer, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 21 de xullo de 2014

O secretario xudicial