Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34657

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1427/2014-MDM).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1427/2014, interposto por Antonio Gabriel Morales Carro e pola empresa Bardera Obras Civiles y Marítimas, S.L., sendo recorridos a empresa Excover, S.A. (agora Yulpex Trade, S.L.); o Grupo Heracles; Trinidad Roig Ferrán, administradora concursal de Paexba, S.L.; Paexba, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento disciplinario, ditouse sentenza o 18 de xullo de 2014, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Antonio Gabriel Morales Carro e desestimando o recurso de suplicación interposto pola entidade mercantil Bardera Obras Civiles y Marítimas, Sociedad Limitada, ambos contra a Sentenza do 9 de xaneiro de 2013 do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, ditada en xuízo seguido por instancia de Antonio Gabriel Morales Carro contra a entidade mercantil Bardera Obras Civiles y Marítimas, Sociedad Limitada, contra a entidade mercantil Excover, Sociedad Anónima, contra a entidade mercantil Paexba, Sociedad Limitada, contra o Grupo Heracles e contra a administración concursal de Paexba, Sociedad Limitada, a sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a empregadora recorrente á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos, e ás custas da suplicación, cuantificando en 600 euros os honorarios do letrado do traballador demandante/impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Paexba, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xullo de 2014

A secretaria xudicial