Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34659

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1867/2014 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1867/2014.

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 154/2013 Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrentes: Iria González Domínguez e Manuel Giráldez Moure.

Avogados: Ramón Hermida Mosquera, Ramón Hermida Mosquera.

Recorridos: Fogasa, Comercial Lucavi, S.C.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1867/2014, seguido por instancia de Iria González Domínguez e Manuel Giráldez Moure contra Fogasa, Comercial Lucavi, S.C., sobre incidentes de execución, se ditou o día 18 de xullo de 2014 sentenza, que copiada nos particulares necesarios di:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto por Iria González Domínguez e Manuel Giráldez Moure contra o Auto do 12 de xullo de 2013 do Xulgado do Social número 3 de Vigo, ditado en procedemento executivo seguido por instancia dos recorrentes contra a entidade mercantil Lucavi, Sociedad Cooperativa, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a sala confírmao integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Comercial Lucavi, S.C., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de xullo de 2014

A secretaria xudicial