Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 30 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se pon en coñecemento de Manuel López Pérez, funcionario do corpo de mestres desta consellería, a resolución ditada no procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-1/14.

O 2 de xullo de 2014, o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ditou resolución no procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-1/14, incoado a Manuel López Pérez, funcionario do corpo de mestres con destino nun centro educativo desta consellería na provincia da Coruña.

Intentouse a notificación da dita resolución no domicilio do interesado sen que esta se puidese facer efectiva.

En aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procede a súa notificación por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia. Polo exposto, por medio deste anuncio esta dirección xeral notifica a Manuel López Pérez a resolución do procedemento SXRH-PD-1/14.

No prazo de dez (10) días, Manuel López Pérez poderá acceder e obter unha copia da resolución mediante comparecencia no Servizo de Réxime Xurídico e Recursos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, cuxas dependencias están no Edificio Administrativo San Caetano, na cidade de Santiago de Compostela. O prazo de dez (10) días comezará a contar desde o día seguinte ao da notificación deste anuncio. Transcorrido ese prazo, entenderase efectuada a notificación para todos os efectos.

Contra a referida resolución o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a copia da resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos