Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 30 de xullo de 2014, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador S-P-07.14, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a quen non se lle puido facer por correo certificado, o acordo de incoación do expediente sancionador S-P-07.14, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A interesada disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Advírtese á interesada que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no referido prazo, a incoación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2014

Mercedes Domínguez Francisco
Xefa do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-07.14.

Interesada: Teresa Fidalgo López.

Último enderezo coñecido: Laxe do Prado, 49, lugar de Vilanova, parroquia do Hío, concello de Cangas (Pontevedra).

Feitos imputados: obras de ampliación dunha vivenda unifamiliar na planta baixa e a construción dun soportal en Laxe do Prado, 49, no lugar de Vilanova, parroquia do Hío, no concello de Cangas, dentro do contorno de protección do xacemento arqueolóxico do castro de Laxe do Prado composto de dúas sepulturas rupestres de datación medieval, sen a realización das sondaxes arqueolóxicas previas ás que viña obrigada pola resolución de autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 14 de xullo de 2010 e, polo tanto, incumprindo os termos da autorización da Consellería de Cultura exixida polo artigo 54 da Lei do patrimonio cultural de Galicia, por afectar tales obras un ben incluído no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

Tipificación: artigo 90.g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.