Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34534

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1941/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 1941/2014, seguido por instancia de Bienvenido Vázquez Nieves contra Blokdegal, S.A.; Granitos Fernández Fernández, S.L.; Luis Fernández Fernández; Granitos Fernández Rodríguez, S.L., e Extracciones Noroeste, S.L. sobre outros dereitos de seguridade social, ditouse, con data do 15 de xullo de 2014, a seguinte resolución que copiada nos particulares necesarios di:

Resolvemos que estimando parcialmente o recurso de suplicación formulado polo letrado Guillermo Barros Arias-Castro, actuando en nome e representación de Bienvenido Vázquez Nieves contra a sentenza do 21 de xaneiro de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo en autos 303/2008, seguidos por instancia do recorrente contra as empresas Blockdegal S.A.; Granitos Fernández Rodríguez, S.L; Extracciones Noroeste, S.L.; Luis Fernández Fernández, e Granitos Fernández Fernández, S.L. sobre indemnización de danos e perdas, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada, estimando parcialmente a demanda e condenando as empresas Blockdegal S.A., Granitos Fernández Rodríguez, S.L. e Extracciones Noroeste, S.L. a que aboen ao demandante, de forma solidaria, a cantidade de cincuenta mil euros (50.000) euros), mantendo o pronunciamento absolutorio respecto ao resto das codemandadas contido na decisión da sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Granitos Fernández Rodríguez, S.L. e Extracciones Noroeste, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido no Barrio Rocha, 76, Atios, O Porriño (Pontevedra) e Barrio Cruz-San Salvador de Budiño, O Porriño (Pontevedra), respectivamente, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de xullo de 2014

A secretaria xudicial