Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34532

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2472/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección primeira da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2472/2012 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, María Dolores Suárez Trigo contra a empresa José Chas Rodríguez sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de María Dolores Suárez Trigo, e estimando en parte o do INSS, contra a sentenza con data do 30 de novembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 5 dos da Coruña, en proceso promovido pola recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e José Chas Rodríguez, debemos confirmar e confirmamos a sentenza recorrida.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación da doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, sección aberta en Banesto co nº 1552 debendo indicar no campo concepto “Recurso” seguida do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos desta ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa José Chas Rodríguez, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xullo de 2014

A secretaria xudicial