Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 12 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto pola interesada no expediente OU-2014/0020, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución ditada no recurso de alzada, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación a Zaida Pérez Caride, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar a resolución na Dirección Xeral de Xustiza, situada na praza de Europa, 5A-4º, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia dos interesados, se é o caso.

Recorrente: Zaida Pérez Caride.

Interesados: Zaida Pérez Caride e Fausto Alejandro Rosado Rosario.

Expediente: OU-2014/0020. Tipo de resolución: denegación do recurso de alzada.

Data da resolución do recurso de alzada: 28 de abril de 2014.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza