De conformidade do disposto na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse, por solicitude da empresa contratista, expediente de modificación do seguinte contrato:
Contrato: V-2470; XG-236 Chantada-San Fiz.
Contratista: Viledobus, S.L.
Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 2º andar), efectuar as alegacións que xulguen oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónio mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.lugo@xunta.es
Lugo, 4 de xullo de 2014
María del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo