Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34374

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre o texto inicial do convenio urbanístico de planeamento para a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O 3 de xullo de 2014, tras a oportuna negociación, subscribiuse con María Hortensia Siso Álvarez o texto inicial do convenio urbanístico de planeamento para a modificación puntual do PXOM do Barco de Valdeorras, co obxecto de impulsar a ordenación do ámbito denominado As Regas, cuxa clasificación inicial como solo urbano non consolidado foi anulada por Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 15 de xaneiro de 2007, e co obxecto de constituír un dereito real de uso sobre unha parte do dito ámbito co fin de favorecer a accesibilidade de vehículos e persoas nas zonas limítrofes ao ámbito.

De conformidade co artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de vinte días, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo, o texto inicial do convenio subscrito poderá ser examinado, nas dependencias municipais do Concello do Barco de Valdeorras, por calquera interesado, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

O Barco de Valdeorras, 8 de xullo de 2014

Alfredo García Rodríguez
Alcalde