Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2014 pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto e trámite ordinario dos expedientes 2014/CSUA1/000005 e 2014/CSUA1/000006.

Subministracións:

Expediente nº: 2014/CSUA1/000005.

Obxecto: subministración, instalación, montaxe e posta en marcha de mobiliario de laboratorio e sala de catas con destino á Aula de Produtos Lácteos.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 315.954,38 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 9.478,63 euros.

Prazo de execución: 15 de decembro de 2014.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 31 de xullo de 2014.

Este expediente está financiado por Convenio do 21.12.2007 entre o Ministerio de Educación, a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a USC, con fondos Feder. Referencia: UNST07-1E-272.

Expediente nº: 2014/CSUA1/000006.

Obxecto: adquisición dunha liña de queixaría con minicubas con destino á Aula de Produtos Lácteos.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 115.700 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 3.471 euros.

Prazo de execución: 12 semanas para a entrega do equipo.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Este expediente está financiado por Convenio do 21.12.2007 entre o Ministerio de Educación, a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a USC, con fondos Feder. Referencia: UNST07-1E-272.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Servizo de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: os arriba indicados.

b) Número de unidades a entregar/executar: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de entrega/execución: os citados anteriormente.

d) Prazo de entrega/execución: os mencionados anteriormente.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: os indicados anteriormente.

5. Garantía.

Provisional: as citadas anteriormente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar no procedemento aberto poderá ser consultada ou descargada na páxina web www.usc.es/contratacion, correo electrónico mailto:contratacion@usc.es

7. Obtención de información.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servizo de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfonos: 881 81 12 60, 881 81 12 61, 881 81 12 63.

e) Fax: 881 81 13 66.

f) Enderezo web: www.usc.es/contratacion

g) Data límite de obtención de documentos e información: 14.00 horas do 10 de setembro.

8. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: non se exixe.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 14 horas do 10 de setembro.

b) Documentación que hai que presentar: a citada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Reitoría).

Domicilio: Praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Edificio Servizos Administrativos-Biblioteca Intercentros, Polígono de Fingoi, s/n).

Domicilio: Campus Universitario.

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Casa da Balconada.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela

d) Data e hora: sobre B: 13.00 horas do 22 de setembro; sobre C: 13.00 horas do 6 de outubro.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2014

Por delegación (Resolución reitoral do 1.8.2011, DOG de 18 de agosto)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela