Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para o outorgamento da concesión de ocupación de dominio público de espazos no edificio administrativo da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde en San Lázaro, para a instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos alimenticios, polo procedemento aberto e documentalmente simplificado (AB-SER5-14-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio da Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Patrimonio da Dirección Xeral de Recursos Económicos.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela.

3) Teléfonos: 881 54 27 29 (cuestións administrativas) e 881 54 27 06 (cuestións técnicas).

4) Telefax: 881 54 86 11.

5) Correo electrónico: investimentos.sscc@sergas.es

6) Dirección de Internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: o mesmo prazo para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: AB-SER5-14-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o outorgamento da concesión de ocupación de dominio público de espazos no edificio administrativo da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde en San Lázaro para a instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos alimenticios.

b) Lugar de execución: léanse os pregos, planta baixa da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: catro (4) anos.

d) Admisión de prórroga: si, máximo dous (2) anos.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os definidos no punto 5.4 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta licitación.

4. Canon mínimo de licitación: 200 euros por máquina e ano. Canon total mínimo do contrato (4 anos): 4.800 euros. Ver os pregos.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento (5 %) do canon ofertado para a totalidade do contrato (4 anos).

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do trixésimo (30º) día natural contado dende o día seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación. Documentación simplificada.

c) Lugar de presentación de ofertas.

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (horario de funcionamento é das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres).

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

7. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura do sobre B en acto público.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina www.sergas.es

8. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5 de xullo de 2012)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos