O 8 de xullo de 2014, tras a oportuna negociación, subscribiuse con Fidel Rodríguez Ferrer o texto inicial do convenio urbanístico de planeamento para a modificación puntual do PXOM do Barco de Valdeorras, co obxecto de impulsar a ordenación do ámbito denominado As Regas, cuxa clasificación inicial como solo urbano non consolidado foi anulada por Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 15 de xaneiro de 2007, e co obxecto de constituír un dereito real de uso sobre unha parte do dito ámbito co fin de favorecer a accesibilidade de vehículos e persoas nas zonas limítrofes ao ámbito.
De conformidade co artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de vinte días, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante este prazo, o texto inicial do convenio subscrito poderá ser examinado, nas dependencias municipais do Concello do Barco de Valdeorras, por calquera interesado, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.
O Barco de Valdeorras, 8 de xullo de 2014
Alfredo García Rodríguez
Alcalde