Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34300

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3133-12-PM).

Xulgado de orixe/autos: demanda 536/2011. Xulgado do Social número 3 de Lugo.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enferm. Profes. de SS nº 274.

Avogado: Antonio Pardo Hortal.

Recorridos: empresa Pedro José Silva Gomes, Antonio Marciano Filho.

Avogada: Dores Caperan García.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 3133/2012 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enferm. Profes. de SS nº 274 contra a empresa Pedro José Silva Gomes, sobre incapacidade temporal, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que estimando os recursos de suplicación interpostos pola representación que teñen acreditada tanto a Mutua de Accidentes de Trabajo Ibermutuamur como o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, contra a sentenza do 30 de decembro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Lugo, en autos seguidos por instancia do traballador Antonio Marciano Filho, debemos revogar e revogamos parcialmente a referida sentenza ditada, sobre prestacións de incapacidade temporal, e debemos condenar e condenamos a empresa Silva Gomes Pedro José, como responsable directa, ao aboamento das prestacións de incapacidade temporal na contía regulamentaria desde o 4 de xaneiro ao 13 de xuño de 2011, sen prexuízo do anticipo da prestación pola Mutua Ibermutuamur, con expreso dereito de repetición contra a referida empresa codemandada, e absolvemos o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social da responsabilidade subsidiaria a que foron condenados, os cales absolvemos libremente da demanda mantendo os restantes pronunciamentos que a resolución impugnada contén. Procédase a devolver á Mutua Ibermutuamur o depósito constituído para recorrer, unha vez que sexa firme esta sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Pedro José Silva Gomes, en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2014

A secretaria xudicial