Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34298

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1967/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de reposición 1967/2012 seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, José López Gómez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Azulejos Montes, S.A. sobre accidente de grao, ditouse con data do 15 de xullo de 2014 sentenza que copiada nos particulares necesarios di:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto por José López Gómez e desestimado o recurso de suplicación interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, de data 17 de xuño de 2011, debemos confirmar integramente a resolución recorrida.

Decrétase a perda do depósito constituído para recorrer e condénase a mutua recorrente a que aboe a suma de 200 (douscentos) euros en concepto de honorarios do letrado impugnante do recurso.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Azulejos Montes, S.A. actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa San Rosendo, 36, baixo da Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de xullo de 2014

A secretaria xudicial