Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo (expediente 46/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Número de expediente: 46/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 86, de 7 de maio de 2014.

3. Tramitación e procedemento: tramitación ordinaria e procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 203.664,55 euros. IVE (10 %): 20.366,45 euros.

Importe total: 224.031,00 euros.

5. Formalización:

a) Data: 17 de xuño de 2014.

b) Contratista: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L. (CIF B36932309).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 203.636,74 euros. IVE (10 %): 20.363,67 euros.

Importe total: 224.000,41 euros.

Lugo, 15 de xullo de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo