Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014046AL-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 9 de xullo de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2014046AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Facal González Helvetia, S.L., titular do establecemento Restaurante Helvetia.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Facal González Helvetia, S.L., titular do establecemento Restaurante Helvetia, o contido da citada resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca (NCG Banco, S.A.-Novacaixagalicia); en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 15 de xullo de 2014

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2014046AL-LU.

Denunciada: Facal González Helvetia, S.L., titular do establecemento Restaurante Helvetia.

CIF: B27261056.

Último enderezo coñecido: O Campo do Cristo, 20, 27840 Goiriz, Vilalba (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Artigos 5.1 e 5.4; punto 2.d do capítulo I, punto 1.c do capítulo II e punto 1.a do capítulo V do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigos 3.5, 10.1 e 10.2 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001).

– Artigos 50.1.e) e 51.1, parágrafo 10, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: catrocentos euros (400,00 €).