Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo de limpeza de edificios e oficinas da Xefatura Territorial desta consellería.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 36/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza nos edificios da Xunta de Galicia-Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar.

c) División por lotes e número:

– Lote núm. 1: Xefatura e SMAC de Ferrol.

– Lote núm. 2: oficinas de emprego.

– Lote núm. 3: centros de formación e unidades de acción formativa.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE núm. DO/S S74, do 15 de abril de 2014; Boletín Oficial del Estado núm. 105, do 30 de abril; Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: setecentos once mil catrocentos sete con corenta e catro euros (711.407,44 euros). IVE (21 %): cento corenta e nove mil trescentos noventa e cinco con cincuenta e seis euros (149.395,56 euros): Importe total: oitocentos sesenta mil oitocentos tres euros (860.803,00 euros). Dividido por lotes:

– Lote núm. 1. Importe neto: 147.994,08 euros. IVE (21 %): 31.078,76 euros Importe total: 179.072,84 euros.

– Lote núm. 2. Importe neto: 302.757,12 euros. IVE (21 %): 63.579,00 euros. Importe total: 366.336,12 euros.

– Lote núm. 3. Importe neto: 260.656,24 euros. IVE (21 %): 54.737,80 euros. Importe total: 315.394,04 euros.

5. Formalización:

5.1. Lote 1:

a) Data: 30 de xuño de 2014.

b) Contratista: Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios Seralia, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 134.112,00 euros. IVE (21 %) : 28.163,52 euros. Importe total: 162.275,52 euros.

5.2 Lote 2:

a) Data: 30 de xuño de 2014.

b) Contratista: Limpergal, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 275.202,00 euros. IVE (21 %): 57.792,42 euros. Importe total: 332.994,42 euros.

5.3. Lote 3:

a) Data: 30 de xuño de 2014.

b) Contratista: Limpergal, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 239.950,00 euros. IVE (21 %) 50.389,50: euros. Importe total: 290.339,50 euros.

A Coruña, 15 de xullo de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña