Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación, por lotes, da xestión de servizos públicos para a reserva e ocupación de prazas nos servizos de atención residencial terapéutica ocupacional e atención diúrna ocupacional para persoas con discapacidade intelectual nos concellos de Vigo, Gondomar, Nigrán, Mos, Redondela e O Porriño, mediante a modalidade de concerto, polo procedemento aberto e tramitación urxente. Contratación documentalmente simplificada.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 69/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación, por lotes, da xestión de servizos públicos para a reserva e ocupación de prazas nos servizos de atención residencial terapéutica ocupacional e atención diúrna ocupacional para persoas con discapacidade intelectual nos concellos de Vigo, Gondomar, Nigrán, Mos, Redondela e O Porriño, mediante a modalidade de concerto.

b) Lugar de execución: provincia de Pontevedra.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación total previsto estímase en trescentos seis mil cincocentos trece euros con sesenta céntimos (306.513,60 €) no que se atopa incluído o IVE.

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social-Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 50,

e) Fax 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.4.7, documentación administrativa sobre número 1, prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do complexo administrativo de San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20963

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2014

A conselleira de Traballo e Benestar
P.D. (Orde do 19.8.2009)
A secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar
P.A. (Artigo 7.1 do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Mª Aránzazu Portabales Santomé
Vicesecretaria xeral da Consellería de Traballo e Benestar