Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 15 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2012/0107-4).

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Vigo, recaída no procedemento núm. 16/2014, polo accidente laboral do traballador Antonio Iglesias Míguez.

Os documentos que constan nos expedientes son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación (14.5.2012).

– Escrito de alegacións (31.5.2012).

– Copia da sentenza xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que consideren pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2012/0107-4.

Acta núm.: I362012000036879.

Empresa: Rayman Naval, S.L.

NIF/DNI: B-36570703.

Enderezo: A Igrexa, 2, Amoedo, Pazos de Borbén.

Vigo, 15 de xullo de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo