Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores por infracción da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia (CON-CO-0074/2013-V e CON-CO-0014/2014-V).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (Boletín Oficial del Estado do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 16 de xullo de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: CON-CO-0074/2013-V.

Denunciada: Virgina Gil Couso.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CON-CO-0014/2014-V.

Denunciado: Benjamín Vernieres Bernard.

Acto de notificación: acordo de iniciación.