Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o centro de almacenamento de residuos en Veigachá, concello de Xunqueira de Espadanedo, promovido por Cerámica Xunqueira (clave 2014/0044).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 18 de xuño de 2014, relativo ao centro de almacenamento de residuos en Veigachá, concello de Xunqueira de Espadanedo, promovido por Cerámica Xunqueira, S.A.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental