Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o centro de xestión de vehículos ao final da súa vida útil en Gomeán, concello do Corgo, promovido por José Sánchez Jacob (clave 2014/0063).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 18 de xullo de 2014, relativo ao centro de xestión de vehículos ao final da súa vida útil en Gomeán, concello do Corgo (Lugo), promovido por José Sánchez Jacob.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental