Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 15 de abril de 2014, da Xefatura da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro de dominio público portuario do porto de Cariño por parte do Concello de Cariño con destino á ocupación de edificación para museo do mar.

Purificación Seixido Gómez, alcaldesa do Concello de Cariño, presenta un escrito de solicitude dunha concesión administrativa dentro de dominio público portuario do porto de Cariño con destino á ocupación de edificación para Museo do Mar.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 15 de abril de 2014

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte