Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 19 de xuño de 2014, do presidente do ente público Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Aplicaciones Tecnológicas Acyrnor, S.L. de concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Malpica de Berganiños, para explotación de zona de varada e foso de travelift para reparación de embarcacións (expediente 12-19-13-C-2).

O 9 de xuño de 2014 o presidente de Portos de Galicia adxudicou á empresa Aplicaciones Técnologicas Acyrnor, S.L. o procedemento aberto (sistema multicriterio) para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Malpica de Bergantiños para a explotación de zona de varada e foso de travelift para reparación de embarcacións; segundo documentación técnica das actuacións propostas presentada no citado procedemento. Non está prevista a execución de obras a maiores da infraestrutura xa executada por Portos de Galicia, salvo a instalación de elementos desmontables.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa 5 A 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia