Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2014 pola que se sinalan as datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución do S.UR-D.-R.6 no concello de Maside, destinado á construción de vivendas de promoción pública para a erradicación do chabolismo.

1. Por Resolución da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, do 18 de xullo de 2011, aprobouse definitivamente o expediente de expropiación forzosa seguido polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do S.UR-D.-R.6 no Concello de Maside, destinado á construción de vivendas de promoción pública para a erradicación do chabolismo, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. De conformidade co artigo 144 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

3. Polo anterior procede fixar as datas nas cales se procederá ao levantamento das correspondentes actas de pagamento e ocupación, de conformidade cos artigos 49 e 55 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa e demais que resulten de aplicación.

4. En consecuencia, convócanse e cítanse os titulares dos bens e dereitos afectados por este expediente e que figuran na táboa anexa para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación, que se efectuarán no Concello de Maside, os días e ás horas que se indican na relación anexa á presente resolución. As actas de ocupación levantaranse a continuación da correspondente acta de pagamento, salvo que o prezo xusto tivese que ser consignado, sendo así, levantaranse no mesmo lugar os días e ás horas sinalizados na mencionada relación.

5. Para os ditos actos deberá terse en conta:

Que o pagamento do prezo xusto só se fará efectivo, consignándose no caso contrario, aos interesados que acrediten en legal forma a súa titularidade e, para tal efecto, o interesado achegará certificación rexistral ao seu favor en que conste que se estendeu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, os títulos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ao mesmo predio descrito nos títulos. Se existiren cargas deberán comparecer os titulares destas (artigo 30.3 do texto refundido da Lei do solo, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2008).

Que se o expropiado non quixer aceptar o pagamento ou non achegar títulos suficientes xustificativos do dominio ou existir contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorren algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos (artigo 206.1 do Regulamento de xestión urbanística).

Que para o cobramento do prezo xusto é necesario a comparecencia do interesado por si ou debidamente representado con poder suficiente, e no caso de que o predio ou dereito pertenza a varias persoas é necesario a comparecencia de todos eles por si ou debidamente representados con poder suficiente.

Que para facilitar a confección dos documentos de pagamento e a efectividade deste é conveniente que os interesados acheguen á beneficiaria da expropiación os documentos xustificativos dos seus dereitos con anterioridade ás datas fixadas para o levantamento das actas de pagamento.

6. Dado que neste expediente expropiatorio a totalidade dos interesados afectados son descoñecidos, a notificación desta resolución farase por medio de anuncios no taboleiro de edictos do Concello de Maside, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Ourense, de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, notificaráselle o anterior ao Ministerio Fiscal para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa en relación cos predios de titularidade descoñecida.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2014

Por suplencia (Resolución do 23.6.2014)
Heriberto García Porto
Secretario xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Anexo

Actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo
expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución
do S.UR.-D.- R.6 no Concello de Maside, destinado á construción de vivendas
de promoción pública para a erradicación do chabolismo

Nº do predio

Polígono

Titular

Superficie expropiada (m2)

Actas de pagamento

Actas de ocupación

Día

Hora

Día

Hora

957

31

Descoñecido

1.575

2.9.2014

12.00

5.9.2014

12.00

965

31

Descoñecido

496

2.9.2014

12.00

5.9.2014

12.00

966

31

Descoñecido

493

2.9.2014

12.00

5.9.2014

12.00

968

31

Descoñecido

676

2.9.2014

12.00

5.9.2014

12.00

969

31

Descoñecido

952

2.9.2014

12.00

5.9.2014

12.00

971

31

Descoñecido

379

2.9.2014

12.00

5.9.2014

12.00