Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre o asinamento dunha addenda.

O 9 de xuño de 2014 asinouse entre o Concello de Lugo e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a addenda nº 3 ao convenio de colaboración entre a antiga Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e este concello para a realización de obras de infraestrutura viaria no termo municipal de Lugo (estrada das Gándaras, Ponte Paradai e avenida Estación-Conde Fontao), no cal se modifican as cláusulas primeira, terceira e sétima deste, que quedan do seguinte teor literal:

«Cláusula primeira. Obxecto

O obxecto do presente convenio é establecer as bases da colaboración técnica e económica entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Lugo para a realización da actuación Ponte Paradai, r/ Serra de Meira, fase 1ª. Glorieta Ponte Paradai-glorieta Serra de Meira.

Cláusula terceira. Compromisos da Xunta de Galicia

2. Financiar as obras segundo o proxecto, destinando para iso ata un máximo de tres millóns cincocentos cincuenta e sete mil seiscentos setenta euros (3.557.670,00 €) con cargo á partida orzamentaria 07.A1.512B.600.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, código de proxecto 2013-00007, distribuídos da seguinte forma:

Anualidade Importe (€)

2012 12.934,79

2013 342.832,21

2014 2.453.881,84

2015 748.021,16

Total 3.557.670,00

Cláusula sétima. Vixencia do convenio

A vixencia do convenio estenderase ata o 31 de decembro de 2015».

Conforme o previsto no artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 11 de xullo de 2014.

P.D. (Decreto 13008312)
Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente