Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade do servizo de mantemento de dous equipamentos de mamografía analóxica. Contratación documentalmente simplificada (AB-CON1-14-011).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4. Teléfono: 881 54 27 87.

5. Telefax: 881 54 27 62.

6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

d) Número de expediente: AB-CON1-14-011.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento de dous equipos de mamografía analóxica.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/2.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a data de entrada en vigor.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 50400000-9.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables de forma automática (sobre B):

0-15

1. Programa de procedementos de mantemento preventivo e do esquema xeral de procedementos de mantemento correctivo.

0-15

Criterios valorables de forma automática (sobre C):

0-85

1. Oferta económica.

0-60

2. Tempo de subministración de todo tipo de repostos.

0-25

4. Valor estimado del contrato: 54.520,80 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 27.260,40 euros. Importe total: 32.985,10 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo P, subgrupo 4 e categoría A, B, C ou D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2. d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, si procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Outras informacións: aclaracións sobre o contido dos pregos: ver cláusula 2.4.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Ver pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2014

P.D. (Decreto 41/2013 e Orde do 3 de xullo)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos