Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración sucesiva de reactivos para a realización de probas de hemoglobina glicosilada e arrendamento de autoanalizadores (MS-ASF1-14-007).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfonos: 981 33 45 14 e 981 33 67 62.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratacion.subministracions.ferrol@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborais das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: MS-ASF1-14-007.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de reactivos para a realización de probas de hemoglobina glicosilada e arrendamento de autoanalizadores.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33696200-7 e 38434520-7.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Calidade técnica: ata 50 puntos.

– Oferta económica: ata 40 puntos.

– Prazo de entrega: ata 4 puntos.

– Achegas gratuítas en produto: ata 4 puntos.

– Comunicación electrónica co Servizo Galego de Saúde: ata 2 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 171.357,98 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 95.198,88 €.

b) IVE: 10.069,20 €.

c) Importe total: 105.268,08 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) A data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso).

12. Outras informacións.

Ferrol, 3 de xullo de 2014

P.D. (Orde do 5.7.2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol