Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34240

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación para a adxudicación de dereito de superficie da parcela municipal Faquiña de uso industrial.

Aprobados polo Pleno do 26 de xuño de 2014 os pregos de cláusulas administrativas e prescricións particulares que rexerán o procedemento aberto de adxudicación de dereito de superficie da parcela municipal Faquiña de uso industrial, exponse ao público durante ocho días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, ben que a licitación se aprazará canto resulte necesario de se presentaren reclamacións aos pregos.

Anuncio de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Mos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 1.A1.0005.

2. Obxecto do contrato: adxudicación de dereito de superficie da parcela municipal Faquiña.

3. Descrición da parcela.

Parcela no monte Faquiña: de forma triangular e cunha superficie de 7.170 m2. Uso industrial. Estrema: norte, máis bens de propios e camiño veciñal; oeste, terreos arrendados polo Concello á sociedade española, e polo sur e leste, estrada de Puxeiros cara ao aeroporto (CP-8105).

Datos urbanísticos:

– Uso: industrial.

– Edificabilidade atribuíble en m2: 5.736 m2.

4. Duración do dereito de superficie: 50 anos. Unha vez finalizado o prazo de duración, extinguiranse os dereitos e reverterán ao concello todas as construcións que sobre a parcela se edificasen.

5. Prezo da concesión: establécese como prezo mínimo ou tipo para a adxudicación do contrato o importe de 11.647,24 euros.

Renda anual: determinarase segundo a fórmula establecida nos pregos de cláusulas.

6. Garantías. Provisoria: 2 % do prezo de concesión, que se constituirá en calquera das formas previas no artigo 96 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

7. Definitiva: 4 % do importe de adxudicación.

8. Obtención de información e documentación.

a) Entidade: Concello de Mos.

b) Domicilio: Reguengo-Petelos-Mos, s/n.

c) Localidade e código postal: Concello de Mos, 36416.

d) Paxina web: www.mos.es

e) Teléfono: 986 33 12 00.

f) Telefax: 986 33 66 18.

g) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días hábiles desde a última publicación do anuncio de licitación (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

b) Documentación a presentar: dous sobres, segundo pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: Concello de Mos.

2. Enderezo: Reguengo-Petelos-Mos, s/n.

3. Localidade e código postal: Concello de Mos, 36416.

Poderán presentarse por cualquera das formas admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992.

10. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Mos.

b) Enderezo: Reguengo-Petelos-Mos, s/n.

c) Localidade: Concello de Mos.

d) Data: sexto (6º) día hábil desde o remate do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos da celebración, que non do cómputo, os sábados consideraranse inhábiles.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Mos, 31 de xullo de 2014

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa