Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34243

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación para a adxudicación de dereito de superficie de parcela municipal de uso industrial.

Aprobados polo Pleno do 26.6.2014 os pregos de cláusulas administrativas e prescricións particulares que rexerán o procedemento aberto de adxudicación de dereito de superficie da parcela municipal O Cotiño de uso industrial, exponse ao público por 8 días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio, para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, ben que a licitación se aprazará canto resulte necesario de presentarse reclamacións aos pregos.

Anuncio de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Mos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 1.A2.0004.

2. Obxecto do contrato: adxudicación de dereito de superficie da parcela municipal O Cotiño.

3. Descrición da parcela.

Parcela no monte O Cotiño, cunha superficie de 12.566 m2. Uso industrial. Linda: norte estrada de Puxeiros cara ao aeroporto (CP-8105); sur, monte veciñal da parroquia de Dornelas; leste, monte veciñal da parroquia de Torroso e polo oeste, máis monte veciñal da parroquia de Dornelas.

Datos urbanísticos:

A cualificación urbanística de acordo coas Normas subsidiarias de planeamento de ámbito municipal do Concello de Mos é de solo urbano industrial. Artigo 63 das NN.SS. de planeamento municipal.

A cualificación urbanística de acordo co Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Mos, aprobado inicialmente, é de solo rústico de protección forestal.

Por acordo plenario do 25.10.2012 aprobouse inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal. Segundo o disposto polo artigo 120 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de planeamento urbanístico a aprobación inicial dos plans determinará, por si soa, a suspensión do outorgamento de licenzas para aquelas áreas do territorio obxecto do planeamento, cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente. Non obstante, poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a dita aprobación e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

4. Duración do dereito de superficie: 50 anos. Unha vez finalizado o prazo de duración extinguiranse os dereitos e reverterán o Concello todas as construcións que sobre a parcela se edificasen.

5. Prezo da concesión: establécese como prezo mínimo ou tipo para a adxudicación do contrato o importe de 11.647,24 euros.

Renda anual: determinarse segundo a fórmula establecida nos pregos de cláusulas.

6. Garantías. Provisoria: 2 % do prezo de concesión que se constituirá en calquera das formas previas no artigo 96 do TRLCSP.

7. Definitiva: 4 % do importe de adxudicación.

8. Obtención de información e documentación.

a) Entidade: Concello de Mos.

b) Domicilio: Reguengo-Petelos-Mos, s/n.

c) Localidade e código postal: Concello de Mos, 36416.

d) Páxina web: www.mos.es

e) Teléfono: 986 33 12 00.

f) Telefax: 986 33 66 18.

g) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días hábiles desde a última publicación do anuncio de licitación (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: 2 sobres, segundo pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Mos.

2. Enderezo: Reguengo-Petelos-Mos s/n.

3. Localidade e código postal: Concello de Mos, 36416.

Poderán presentarse por calquera das formas admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992.

10. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Mos.

b) Enderezo: Reguengo-Petelos-Mos, s/n.

c) Localidade: Concello de Mos.

d) Data: 6º día hábil desde a finalización do remate do prazo de presentación de ofertas. Para os efectos da celebración, que non do cómputo, os sábados consideraranse inhábiles.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Mos, 31 de xullo de 2014

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa