Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 34023

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública (expediente 7/2013.PUR).

Nas dependencias municipais do Concello de Arteixo asinouse o 18.7.2014 con María Ángeles Suárez Pardo o texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento para a obtención da superficie de 11,20 m² da parcela catastral con referencia nº 0147507NH4904N0001ZG afectada polas obras de urbanización da avenida Baldomero González (expediente 7/2013.PUR).

De acordo co establecido polo artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia en nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o dito período, o texto do convenio subscrito estará á disposición do público en xeral de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas no Departamento de Urbanismo, e os sábados no Departamento de Información e Rexistro en horario de 9.30 a 13.30 horas.

Arteixo, 21 de xullo de 2014

Por delegación (Decreto nº 989/2011, do 21.6.2011)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo