Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 34024

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente OA-04-2014).

1.1. Entidade adxudicante:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Nº de expediente: OA-04-2014.

1.2. Obra incluída no convenio de colaboración coa Deputación Provincial da Coruña asinado o 9.7.2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: saneamento en Cruz do Sar (Bergondo).

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses): tres (3).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamento de licitación:

A. Valor estimado: 89.164,98 €; B. IVE (21 %): 18.724,65 €; Importe total A+B: 107.889,63 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrafo 2º do TRLCSP: grupo E; subgrupo 1; categoría d.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, en horario das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación necesaria: a sinalada na claúsula 12 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante procedemento aberto cun único criterio de valoración (factor prezo) das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP núm. 103, do 1 de xuño de 2012), substituíndo a documentación do sobre A pola declaración responsable segundo o modelo que consta no expediente e publicado no perfil do contratante.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2ª. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

3ª. Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o quinto día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

10. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es

11. Gastos dos anuncios:

Serán de conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego-tipo.

Bergondo, 29 de xullo de 2014

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa