Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 34022

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico.

Nas dependencias municipais do Concello de Arteixo asinouse o 18.7.2014 con María Jesús, Enrique Manuel, Alfonso e Paloma Rabuñal Corgo o texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento para a adquisición da parcela afectada por sistema viario con referencia catastral nº 3582801NH4938S0001OA, sita na travesía de Pastoriza nº 86, coa finalidade da ampliación das vías existente prevista nas normas subsidiarias de planeamento municipal na intersección da travesía de Pastoriza coa rúa do Lagarto.

De acordo co establecido polo artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia en nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o dito período o texto do convenio subscrito estará á disposición do público en xeral de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas no Departamento de Urbanismo, e os sábados no Departamento de Información e Rexistro en horario de 9.30 a 13.30 horas.

Arteixo, 18 de xullo de 2014

Por delegación (Decreto nº 989/2011, do 21.6.2011)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo