Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de xullo de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/171/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren as súas destinatarias ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 10 de xuño de 2014, ditou resolución pola que se lle dá traslado ao alcalde de Cabanas das actuacións realizadas en relación coas obras levadas a cabo no lugar das Modias, 4, San Martiño de Porto, no termo municipal de Cabanas, provincia da Coruña, para que, no exercicio das súas competencias en materia de disciplina urbanística, adopte as medidas necesarias para restaurar a legalidade urbanística vulnerada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Carmen Rodríguez Cruz, a Teresa Cabalo García e a Teresa Cabana García, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles ás interesadas a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, as interesadas poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística